O traballo que hai detrás non sempre se ve. Aquí está, enriba da mesa

martes, 1 de julio de 2008

O que puido ser e foi.

Proxecto interdisciplinar



Introducción.

O P.I. presentáse coma un ámbito de traballo en equipo. Por iso imos tratar de fomentar o traballo en grupo investigando entre as nosas xentes e entre as páxinas webs.
O traballo a realizar vai a ser unha publicación. O soporte da mesma será dobre: dixital e en papel. Vai ser de contidos variados para dar máis xogo á hora e desenrolar as distintas competencias ó mesmo tempo que nos vai permitir unha meirande globalización. As distintas seccións serán de eminente alusión á nosa terra e á nosa cultura. Preténdese contextualizar nas nosas raices máis profundas para arrincar desde a sensibilización cara a Galiza promovendo o sentimento telúrico para contrarrestar o efecto globalizador que fai que os máis novos perdan importantes elementos da nosa historia, das nosas tradiccións…


Presentación do traballo.

A- Titulo.

Ímoslle chamar á publicación “Terras do Caxado” . É un nome que nos ubica xeográficamente nas Pontes e realza a presidencia do Monte Caxado nesta terra, monte que por outra banda da nome ó noso centro.
Será unha boa excusa para falar da nosa xeografía, da riqueza paisaxística e natural do País e do emblemáticos que poden chegar a ser algún dos accidentes ou elementos paisaxísticos que posuimos. Faremos unha viaxe virtual grazas a programas como “google earth” ou “sixpac” ademáis das búsquedas pertinentes.

Competencias básicas:
-Información, competencia dixital: mediante a búsqueda na rede e o achegamento ós programas antes mencionados.
-Interacción co mundo físico: achegamento a nosa riqueza como terra, vendo os recursos que temos.

B- Seccións.

1.- O Puxigo.
É unha sección a modo de presentación das demáis, a porta de entrada á publicación. Permitiranos un achegamento á arquitectura popular e ós modos de vivir dos nosos avós, partindo deste elemento da casa rural galega.
Farase unha toma de contacto coas persoas maiores para profundizar no tema, bucando información.

Competencias básicas:
-Comunicación lingüística: conversa cos maiores.
-Cultural: aproximación a testemuñas directas dun xeito de vida hoxe descoñecido para os rapaces.
-Autonomía e iniciativa persoal: é un achegamento en solitario e a información obtida depende de cómo desenrolen a conversa.

2.- A Fervenza.
Imos facer alusión a ese gran recurso que é a auga e as suas “presentacións” na natureza. Falaremos do seu aproveitamento de cara a enerxías limpas centrándonos nun tema altamente tecnológico como é o MDI, proxecto francés do enxeñeiro Nègre que nos achega a un vehículo ecolóxico moi interesante que fai uso da auga para a sua recarga.

Competencias básicas:
-Coñecemento e interacción co mundo físico: de cara ó uso responsable dos recursos naturais e o coidado do medio ambente, buscando alternativas enerxéticas que compaxinen mellor desenrolo e ecoloxía.

3.- A Trade.
Sección para profundizar nalgún tema, con reflexión e exposición. Como fixeramos nos anteriores casos, non imos deixar á marxe a temática que nos trae o título, comentaremos entre nós o que sabemos das ferramentas tradiccionais de uso cotiá, aproveitando a sorte de ter un xeneroso museo etnográfico no propio centro.
O tema a desenrolar na publicación vai versar sobre o abandono que sofre o rural galego, facendo escolma do atopado en internet.

Competencias básicas:
-Social e ciudadana: nun intento de comprender a realidade social do rural intentando cegar a unha comprensión crítica.
-Cultural e artística: a través das ferramentas descubrimos a artesanía. Os oficios non deixan de ser, na sua peculiar execución, unha manifestación cultural.

4.- Corredoiras.
Imos falar de educación vial, facendo un spot publicitario de cara a sensibilizar para promover o respecto entre usuarios da via pública. No soporte informático aparecerá como video e no de papel como fotogramas con texto.

Competencias básicas:
-Social e ciudadana: destacamos a necesidade de mellorar como usuarios da via pública.
-Comunicación lingúística: a nosa mensaxe ten que chegar con forza ó receptor.

5.-Loureiros e noces.
Trataremos de achegarnos ós xogos populares, ós xoguetes de “autoconstrucción”, pasatempos… o que atopemos na nosa búsqueda entre as nosas xentes. O título fai referencia a duas materias primas usadas tradicionalmente para facer algún tipo de xoguete.

Competencias básicas:
-Comunicación lingúística e iniciativa persoal: interacción cos demáis na búsqueda de información.


6.- Cómaros zarriscados.
Chegamos á sección de crítica na que imos falar da contaminación e do medioambente.

Competencias básicas:
-Autonomía e inicativa persoal: en canto a adquirir unha conciencia uns valores, elexir con criterio propio, buscar solucións, extraer conclusións…

7.-Cepo, couce, zanicoto e gaspeto.
Temos a catro amigos que nos van falar de cousas da terra: cultivos, poda, enxertos…

Competencias básicas:
-Coñecemento e interacción co mundo físico: coñecemento dos procesos agrícolas e da interacción do home coa terra.

8.-O bordelo.
Faremos por achegarnos a temas solidarios.

Competencias básicas:
-Social e ciudadana: de cara a valores como a cooperación, a solidariedade …

9.- Soutos e carballeiras.
Son bos lugares de lecer para poñerse a ler e imaginar, por iso imos recomendar algún libro dos que nos gustaron a nós.

Competencias básicas:
-Cultural e artística: a través da literatura, arte en si mesma e transmisión de coñecementos e cultura.


Conclusión.

Rematamos destacando unha competencia básica, aprender a aprender, algo que será unha constante ó longo de todo o traballo buscando a motivación e a confianza nun mesmo e a necesidade da atención e a planificación para conseguir bos resultados. Destacaranse tanto o traballo individual coma o colectivo e sobre todo o proceso de execución das seccións recollendo, seleccionando e tratando a información.