O PUXIGO
As casas de antes non son como as de agora, entrábase por unha porta con dúas partes esa porta chámase puxigo, neses tempos era moi util, servía para que chegara a luz e impedir o paso de animais cerrando a parte de abaixo e abrindo a de arriba.
A primeira parte das casas e o alboio onde se entraba para cambiar as botas polas zapatillas; no alboio tamén está o forno onde se cocía todo tipo de pan e empanadas xeralmente o día de cocer, son os domingos. No alboio hai varias portas unhas para as cortes e outras para a cociña. Na cociña hai a lareira, a mesa, as lacenas, o rocho e un alzadeiro. A lareira era de pedra alí cociñábase a comida para a xente e para os animais. A mesa era grande e podíase levantar contra a parede para facer sitio. As lacenas eran empotradas e de madeixa. O rocho era o que agora lle chamamos despensa, servía para gardar alimentos. O alzadeiro era o que agora e un chineiro; aberto servía para gardar alimento, adornos….
Logo da cociña había unhas escaleiras para subir as habitacións.
As habitacións eran de madeira había xeralmente dúas, pero no cuarto principal había unha palangana que se compoñía de:
Un soporte, un espello, un recipiente e unha xarra(alí a xente lavábase e afeitábase).
Na combota da lareira colgaban a carne do porco salgadam, que era a principal comida que había.
Non había cociñas de butano, nin eléctricas por iso cociñaban na lareira poniendo as potas encima dunhas trepias e tamén cocían o caldo para as vacas nun pote grande que sempre estaba ó lume.
O lado da cociña estaba a cuadra das vacas, sempre debaixo dos cuartos , si tiñan o gando cerca e dáballes calor nos duros invernos.
Para ir aá cociña e a corte facíase por unha entrada abeerta que se chama alboio.
Os cuartos eran de madeira. Había un cuarto grande onde estaban os roupeiros e que servía de entrada para as habitacións que eran pequenas.
En algunhas casas había un corredor ó longo dun lado e sempre orientado ó sur, para que entrara luz, pois as ventás solían ser pequenas.

O traballo que hai detrás non sempre se ve. Aquí está, enriba da mesa
viernes, 30 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario