O traballo que hai detrás non sempre se ve. Aquí está, enriba da mesa

miércoles, 15 de abril de 2009

1º- capacidade física ou psíca para obrar ou producir un determinado efecto
2º- enerxía activa. Enerxía correspondente á enerxía activa.
3º- enrxía aparente. Enerxía correspondente á potencia aparente
4º- enerxía de configuración. Relación entre a enerxía da capa de valencia e a do estado estable do átomo libre.
5º- enerxía reactiva. Enerxía correspondente á potencia reactiva
Sistemas ailladosVou falar dos sistemas aillados, esto é sin conexión a rede eléctrica (Fenosa, Iberdrola...). Trátase dunha opción moi boa para aqueles que teñan un galpón, unha casiña perdida de fin de semana que queiran ter luz auga quente, etc durante o fin de semana e incluso en verán. Ben neste sistema o primordial son as baterias, xa que serán as que soporten o peso todo do sistema, durante 5 dias cargaranse ca enerxia suministrada polos paneis e o fin de semana practicamente asumiran elas a suministración de enerxia.Neste caso é sempre moi bo non deixarse enganar por precios baixos. Esto non vai ser unha inversión con rentabilización en X anos, co que podes xogar con peores calidades e asumir uns riscos que igual si che conveñen, paneis chinos e sucedaneos. Neste caso o importante é ter un servicio. Está claro que haberá quen prefira, por calquer motivo, ter algo de peor calidade, pero baixo o meu punto de vista esto só seria asumible no caso dun galpón.¿Por qué? Fácil. Nun galpón por norma xeral a xente non vive, fai pequenas cousas, chapuciñas, festas, etc. Eso en ningún caso é un consumo alto, sacando o uso de rebarbadoras, taladros e demais que o seu uso con enerxia solar non e recomendable, polo caro que pode ser a instalación, e tampouco son consumos indispensables para a vida, como serían cociñar, ducharse, etc. No caso dunha vivenda aillada, o principal e asumir que o gasto, moi rebaixado coas altas subvencións que se poden obter, as máis altas que se conceden para a enerxia solar, será un gasto destinado ó noso confort. que como tal deberá ir acorde coas nosas necesidades e posibilidades. Para unha vivenda de fin de seman pode obtarse por un sistema mixto, térmica e fotovoltáica. Un pequeno colector termosifónico será abondo para eso non será preciso unha grande instalación xá que non se espera unha gran afluencia de xente. E de supoñer que será para unha ou duas persoas, ninguén se construirá unha casiña aillada para que vaian os amigos a pasar con eles o fin de semana, e para parellas ou persoas que desexen pasar o fin de semana tranquilo, sen moita xente por ali. Podería facerse unha instalación máis grande pero para ocupar esos picos de demanda, visitas inesperadas ou fillos plastas que non queren marchase da casa, pero eso conlevaria un gasto máis elevado ó que nunca lle sacariamos rendemento. Asi que ós fillos á súa casa e os amigos a un hotel, e todos máis contentos. Instalación máis barata e máis tranquilidade para os que viven na casa. En canto á instalación fotovoltáica, temos que ser comedidos para evitar que o presuposto se vaia a niveis moi elevados. Por exemplo, se un quere facer unha instalación que lle permita o uso indiscriminado de vitrocerámica, calefacción eléctrica, etc.. Pois eso será unha cantidade de cartos moi alta. Outro posibilidade é o uso mixto dunha instalación solar e eólica. Para o meu entender esa é unha opción a mirar con lupa e caso por caso. As razón son simples:

No hay comentarios: