VEXETACIÓN POTENCIAL
Enténdese por vexetación potencial dun territorio, o conxunto de comunidades vexetais que constitúen as cabezas de serie presentes no devandito territorio e que, en ausencia de actividade humana deberan constituír a súa cuberta vexetal. Polo xeral, a vexetación potencial adoita estar integrada por comunidades climácicas de carácter climatófilo (zonais) e edafóhigrófilo (azonais). A vexetación potencial da maior parte de Galicia (sectores galaico-asturiano e galaico-portugués) está constituída por diversos tipos de carballeiras dominados por Q. robur, posto que esta especie é a que mellor compite coas do seu entorno baixo as condicións edafoclimáticas que se dan na maior parte do territorio.
Pola súa parte, no cuadrante suroriental, sometido a unha maior continentalidade climática, este tipo de bosques deixa paso ás reboleiras de carácter mediterráneo e incluso, nas áreas con maior incidencia da seca estival, ós aciñeirais. Nas montañas orientais de Lugo, a complexidade orográfica, unida ó forte desnivel altitudinal e á presencia de materiais calcarios, condicionan unha vexetación potencial máis variada, que reflicte o elevado número de series de vexetación descritas e dos tipos de bosques existentes.
Vexetación potencial de Galicia (simplificada). 1: carballeiras e amenedos galaico-asturianos; 2: carballeiras termo-mesotemperadas e amenedos galaico-portugueses; 3: carballeiras supratemperadas e amenedos galaico-portugueses; 4: carballeiras albares, reboleiras, faiais, bosques pluriespecíficos, aciñeirais e amenedos orocantábricos. 5: aciñeirais, olmedais e amenedos mediterráneos; 6: reboleiras e amenedos mediterráneos; 7: cimbreiras oromediterráneas; 8: cimbreiras orotemperadas.
Fotografías dalgunhas árbores:
FIN
No hay comentarios:
Publicar un comentario